Accesibilidade

Accesibilidade

Información

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no art. 4. c) na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades traballa para garantir que todos os cidadáns -con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores- que se relacionen co Departamento a través da súa sede central poidan acceder á información e aos servizos electrónicos en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Para estes efectos as páxinas da sede electrónica central satisfan as prioridades 1 e 2 axeitándose ao nivel Dobre-A das directrices de accesibilidade para o contido web WCAG 2.0 do W3C, conforme ao disposto no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

O noso traballo e o noso esforzo van encamiñados a seguir mellorando de forma continua a accesibilidade deste portal, e por iso esperamos a súa comprensión e a súa colaboración e convidámolos a axudarnos a mellorar este sitio web mediante o envío dos seus comentarios e suxestións.

 

Data de revisión de accesibilidade

  • Última revisión oficial: 12/11/2018
  • Nivel de Conformidade: Prioridades 1 e 2 (AA)

Datos de contacto

Se desexa formular calquera queixa, consulta ou suxestión, por favor, fáganolo saber a través do noso formulario de contacto.